Expourense, en colaboración coas tres universidades galegas, convoca a 13ª edición do seu Concurso de Proxectos Tecnolóxicos, enfocado á participación de alumnos das universidades da Euro-rexión Galicia-Norte de Portugal e buscando vencellar as actividades de I+D+i da Universidade no eido da informática e as telecomunicacións co mundo empresarial, sensibilizando á empresa do que pode achegar a aplicación da innovación e a investigación relacionada coas TIC para o aumento da produtividade e da competitividade, así como estimular a capacidade innovadora dos alumnos para desenvolver un proxecto con visión empresarial.
Bases do concursoO curso está aberto á participación de alumnos de títulos de grao en Enxeñaría Informática, en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación, Enxeñaría Técnica en Informática e Enxeñaría Técnica de Telecomunicacións na súa modalidade A; e a alumnos de títulos en Enxeñaría en Informática, Enxeñaría de Telecomunicacións e traballos de fin de máster (nos másteres oficiais relacionados coas TIC) na súa modalidade B. Os tres mellores proxectos da modalidade A recibirán 350, 150 e 100 euros respectivamente; mentres que os da modalidade B recibirán 500, 200 e 100 euros; existindo tamén un Premio do Público que consistirá nunha estadía nun balneario ou nun eReader.
Para concorrer ao concurso será preciso inscribirse en liña antes do 25 de novembro ás 18:00 horas, presentándose a documentación antes das 14:00 horas do 13 de decembro, entregándose os premios nun acto que se celebrará o 18 de decembro.
Expourense convoca un concurso de proxectos tecnolóxicos
Compartir Este Artigo

