Apple anunciou que nos novos equipos incluirá o seu software ofimático sen custo adicionalDurante a presentación de Apple do pasado martes, dende a empresa de Cupertino poñían en dúbida a estratexia de Microsoft relativa a Windows 8 e a dispositivos como Surface, para anunciar que a partir de agora os usauriso que merquen un Mac ou un dispositivos con iOS poderán gozar sen custo adicional da suite ofimática iWorks, buscando así converterse nunha alternativa ao Microsoft Office, comparacións que non pareceron gustar á empresa de Redmond, de aí que o vice presidente de Comunicacións de Microsoft, Frank Shaw, escribise unha entrada no blog oficial de Microsoft sobre tal asunto baixo o suxestivo título de “Mazás e laranxas”. Os Surface de Microsoft inclúen Office sen custo adicional (agás no vello Surface Pro)Shaw comeza mencionando o campo de distorsión da realidade que rodea habitualmente aos eventos de Apple, e menciona que o feito de os dispositivos de Microsoft Surface e Surface 2 xa inclúe de serie o Microsoft Office, converténdose nas solucións de produtividade máis completas no seu rango de prezo, xa que o Surface máis económico pode adquirirse a partir de 329 euros con 32 Gb de capacidade, o que sería incluso bastante máis barato que un iPad mini con pantalla Retina e 32 Gb de capacidade (que custaría 479 euros) sen chegar a comparalo co iPad Air (que incrementaría o seu prezo ata 569 euros). De feito, o vello iPad 2 de 16 Gb é máis caro que un Surface de 32 Gb. Pero Surface non só gaña en prezo, senón que vén fornecido polo Office de Microsoft, que é o paquete ofimático predominante a nivel mundial, mentres que o iWorks de Apple nin sequera é moi empregado dentro dos ordenadores Mac (onde Microsoft está bastante presente). Completa a defensa de Surface asegurando que aos tablets de Microsoft pode incorporárselle unha funda que integra teclado e trackpad, que é o método de entrada máis preciso para este tipo de dispositivos (non podemos esquecer que, aínda que o iPad soporte teclados Bluetooth, carece de equivalente a trackpad/rato) e permite dividir a pantalla en paneis nos que executar varias aplicacións (mentres que Apple aposta unicamente pola pantalla completa). En definitiva, que Microsoft está a conseguir uns tablets mellores para a produtividade que os de Apple, polo seu software, polo seu hardware, e incluso pola posibilidade de poder acceder a contidos en tarxetas SD e unidades USB, vantaxes que resultan difíciles de rebater.