
Esta nova tecnoloxía de comunicacións móbiles non terá un custo adicional para os clientes, que gozarán de mellores conexións dende os dispositivos compatibles con LTE, como son móbiles como o iPhone 5, os Nokia Lumia 920/925, os Samsung GALAXY S4/S4 Mini/S III, o LG Optimus G, o HTC One, o BlackBerry Q10 e os Sony Xperia Z/SP (dispoñibles a través do de Vodafone), numerosos tablets (tanto con iOS coma con Android) e incluso varios modems para poder gozar do 4G dende equipos informáticos.
As melloras das infraestruturas de comunicacións de Vodafone para achegar o 4G a Vigo e A Coruña están dentro dunha serie de investimentos da compañía na nosa comunidade, que no pasado exercicio foron de 41 millóns de euros, aínda que dende o operador aseguran que a contribución económica da compañía para o desenvolvemento sustentable de Galicia durante o exercicio 2012-2013 foi de 462 millóns de euros. A este respecto o director territorial de Vodafone, Miguel Fernández, asegura que “Galicia sempre foi unha das rexións que máis apostaron polo desenvolvemento e a innovación responsable, e o lanzamento dos servizos 4G Vodafone reforzan a nosa aposta por ofrecer aos cidadáns e ás empresas galegas os mellores servizos de comunicación”.
A Fundación Vodafone España tamén contribúe ao desenvolvemento de proxectos sociais e de innovación que melloren a calidade de vida das persoas, para o que no último exercicio destinaron 458.000 euros en Galicia.
O 90% da poboación viguesa pode gozar de cobertura 4G de Vodafone
Compartir Este Artigo

