Hai uns meses comentamos que a Televisión de Galicia estaba a tirar proveito da banda larga móbil para as súas conexións en directo, o que fíxose evidente especialmente durante a cobertura da catástrofe de Angrois, onde esta tecnoloxía conseguiu que a TVG fose o primeiro medio do Estado en retransmitir vídeo en directo dende a zona do accidente, e dende CRTVG inciden agora en que tamén están a dar conta de que esta aposta polos dispositivos móbiles tamén están a levala á Radio Galega, xa que dende hai meses están a integrar nos seus sistemas de produción de contidos móbiles e tablets que, conectados a un micrófono, poden servir para a realización de directos, a gravación de entrevistas ou incluso a participación en faladoiros sen que os colaboradores teñan que desprazarse aos estudios da CRTVG para intervir nos programas.
A audiencia tamén pode tirar proveito de dispositivos móbiles para acceder aos contidos en liña da CRTVG, e incluso para participar no concurso O Que Vexo, que remata este mesmo mes e que permite aos usuarios da aplicación desenvolvida para o mesmo (dispoñible para iOS e Android) o envío de vídeos de concellos de Galicia que busquen a súa promoción (por amosar lugares pouco coñecidos, amosar imaxes de grande beleza ou promocionar a cultura galega). O vídeo gañador deste certame recibirá un televisor Samsung de 43 polgadas.
A CRTVG incrementa o uso de tecnoloxías móbiles para a produción de contidos
Compartir Este Artigo
