Os creadores de aplicacións para Android que queiran ampliar os seus mercados internacionais poden gozar dende agora do servizo de traducións de aplicacións presentado no Google I/O do pasado mes de maio, e que leva meses funcionando en probas para comprobar o bo funcionamento desta nova solución para a localización de aplicacións a distintos mercados, o que nalgunha das experiencias piloto chegou a cuadriplicar a base de instalación dalgúns xogos para Android.
O servizo de tradución de aplicacións é de pagamento, e o desenvolvedor poderá elixir as linguas ás que quere que se traduza o seu produto, para o que dende Google tamén fan suxestións (advertindo, por exemplo, de países nos que aplicacións semellantes son populares, axudando así a detectar oportunidades). As traducións asignaranse a un tradutor profesional co que será posible establecer comunicacións para garantir un bo traballo, e os prezos dependerán do tamaño das aplicacións, estando habitualmente entre os 75 e os 150 dólares.
Google estrea un servizo de tradución de aplicacións para Android
Compartir Este Artigo

