O mes pasado Nokia anunciou en Abu Dhabi que Windows Phone 8 ía recibir en breve algunhas das grandes aplicacións ausentes no sistema operativo móbil de Microsoft, e unha destas vén de chegar á tenda de aplicacións, Vine, de xeito que os usuarios de Windows Phone xa poden gozar oficialmente do servizo que permite crear vídeos en bucle de curta duración, para publicalos a través da aplicación Vine e compartilos a través de Twitter e Facebook.
Esta ferramenta segue unha filosofía moi semellante á de Instagram, pero optando por vídeos creativos en vez de fotografías, permitindo interaccións entre usuarios, atopar contidos… e no caso desta aplicación en concreto, incluso é posible engadir no menú do móbil atallos para acceder directamente a contas ou canles de Vine e incluso á cámara da aplicación (para facilitar a captura dun Vine de xeito case inmediato).
Vídeo no que Nokia explica o funcionamento de Vine
Vine chega a Windows Phone
Compartir Este Artigo

