O xoves da semana que Iniciador Galicia retoma a súa actividade cun relatorio de Marek Fodor, director de Kantor FX, mentor de SeedRocket e investidor en empresas tecnolóxicas que compartirá a súa experiencia como emprendedor tecnolóxico a partir das 19:00 horas no Club Financeiro de Vigo. Fodor é especialmente coñecido por ter fundado Atrápalo.com xunto con Manuel Roca, Nacho Giral e Nacho Sala hai 13 anos.
Non é a primeira vez que este emprendedor comparte as súas experiencias con outros empresarios e emprendedores do sector TIC, pois xa participou en Iniciador hai un par de anos, nunha interesante charla na que explicaba Como montar un proxecto de éxito sen un euro, que podemos ver en liña:
Marek Fodor explicará as súas experiencias como emprendedor a semana que vén en Vigo
Compartir Este Artigo

