
Ao parecer, Telefónica procuraría reducir o uso das tradicionais redes telefónicas baseadas en par de cobre, de xeito que das actuais 6.600 centrais coas que conta na actualidade pasaría a só 2.300 en 2020, proceso que comezará co apagamento de centrais que non dan servizo a outras operadoras. O plan tamén prevé o cesamento doutras redes consideradas obsoletas (RDSI, ATM e X25).
A compañía que preside César Alierta tamén reducirá o seu número de provedores, procurará acordos cos seus competidores para compartir infraestruturas, apostará por unha maior implantación de equipos de marca branca (para fibra óptica, móbil 4G e televisión) e intentará reducir a súa factura eléctrica (actualmente teñen un consumo eléctrico anual dun 200 millóns de euros).
Telefónica pretende deixar de dar servizo nas súas redes obsoletas
Compartir Este Artigo
