
Dende Google España tamén quixeron coñecer a evolución da palabra crise no seu buscador, e realizaron unha listaxe cos termos máis buscados en relación a tal concepto, sorprendendo o feito de que a crise de ansiedade está por diante da crise económica, figurando tamén expresións como crise de parella, deixando claro que a economía non é o único que está a preocupar aos cidadáns.
Entre os personaxes máis buscados do ano, pódese destacar o feito de que Miley Cyrus e Paul Walker foron superados por Pablo Alborán; e tamén destacan outras figuras locais como Isasaweis, Raquel Sánchez-Silva e Sara Carbonero entre as consultas máis frecuentes.
Este os acontecemento sociais de maior crecemento en 2013, Google destacou en primeiro lugar o accidente de tren en Angrois, aínda que tamén pode resultar curioso ver como despuntou a expresión escrachee incluso un fenómeno como a festa do cine (3 días nos que os cines españois tiveron prezos reducidos) conseguiu facerse un sitio entre as grandes celebracións tradicionais.
Entre a electrónica de consumo 2013 non parece deixar lugar a sorpresas, e entre os termos de máis crecemento están móbiles como o Nexus 5 e o iPhone 5, e consolas como a PS4 e a Xbox One, de xeito que a actualidade tecnolóxica parece ser bastante predicible, e só podería sorprender o interese que en España espertou o móbil chinés Xiaomi mi3 (que chegou a superar en atención ao Sony XPERIA Z).
O Zeitgeist de Google tamén pode servir para medir tendencias no mundo da música, e entre os cantantes con maior crecemento nas buscas sitúa a Lou Reed, Violetta, Shaila Dúrcal e os Blackstreet Boys, resultados que poden resultar bastante rechamantes, pois parecen estar máis relacionados coa actualidade que co seu éxito comercial.
Google repasa as tendencias de busca en 2013
Compartir Este Artigo

