A plataforma de mensaxería instantánea WhatsApp continúa a rachar marcas, incluíndo as marcadas por eles mesmos, constatando que este tipo de comunicacións está a barrer do mapa ás tradicionais mensaxes de texto, cando menos en países desenvolvidos onde o acceso á Internet dende o móbil é cada vez máis habitual, e como bo exemplo diso celebraron a chegada de 2014 anunciando que durante a noite de Fin de Ano circularon polos seus sistemas 18.000 millóns de mensaxes saíntes e 36.000 millóns de mensaxes entrantes, sumando 54.000 millóns de mensaxes intercambiadas, o que vén a ser aproximadamente a tripla do volume de mensaxes da mesma data do ano anterior.
Mentres WhatsApp presume de crecemento, os operadores de telefonía teñen que recoñecer como se incremente o consumo de datos dos seus usuarios e caen as mensaxes de texto de forma drástica, quedando moi lonxe eses anos nos que había que advertir ao público de que remitiran as súas felicitacións de xeito progresivo para evitar os colapsos propios das últimas horas do ano vello e as primeiras horas do aninovo.
WhatsApp disparou o seu uso en Fin de Ano
Compartir Este Artigo

