Un ano despois da creación da aceleradora de empresas tecnolóxicas Zarpamos a compañía conseguiu unha valoración pre-money de 2.000.000 euros, dando entrada a un novo socio polo 11% da compañía, empregándose os fondos captados para seguir investindo capital semente en nosas startups, así como de apoio á súa nova empresa de I+D dedicada en exclusiva ao desenvolvemento de novas tecnoloxías dentro do sector da saúde.
Neste primeiro ano de actividade, Zarpamos valorou máis de 600 proxectos emprendedores, dos que unha pequena selección están actualmente na aceleradora, recibindo un investimento de 380.000 euros. O director xeral de Zarpamos, Manuel García, estima que “a entrada deste socio permítenos abordar un investimento de preto de 1.000.000 euros nos vindeiros 3 anos, nos actuais e novos proxectos. Tamén permitiranos afianzar o programa de transferencia de coñecemento e internacionalización, que no segundo trimestre do ano permitirá ás nosas startups traballar nunha das aceleradoras máis potentes a nivel mundial, fora do noso país”.
A aceleradora galega de empresas TIC Zarpamos amplía capital coa entrada dun novo socio
Compartir Este Artigo

