O vindeiro venres celébrase unha data histórica para Apple, pois o seu primeiro Mac, o Macintosh 128k, cumpre 30 anos, sendo un equipo especialmente relevante para o sector informático por ser o primeiro ordenador persoal de consumo masivo en contar con interface de usuario gráfica e rato.
O Macintosh 128k non era o primeiro equipo de Apple, senón que sucedía ao anterior Lisa, pero foi o primeiro da súa familia e conseguiu entrar con forza no mercado grazas en boa media ao ser prezo de saída de 2.495 dólares e a unhas prestacións bastante avanzadas para o seu tempo: monitor de 9 polgadas (cunha resolución de 512 x 342 píxeles), procesador Motorola 68000 con 128 Kbytes de memoria (no mesmo ano do seu lanzamento xa contou cun modelo con 512 Kbytes de RAM), disqueteira de 3,5 polgadas (para discos de 400 Kbytes), teclado e rato cun único botón. Contaba con aplicación como MacPaint e MacWrite e incluso chegou a ter a súa versión do Word de Microsoft.
Moitas publicacións están a aproveitar o 30º aniversario dos Mac para facer un repaso da súa evolución.
Os Mac cumpren 30 anos o vindeiro venres
Compartir Este Artigo

