Aínda que seguimos sen saber cal será a data de lanzamento comercial de Google Glass, este produto está a captar a atención de moitos desenvolvedores que consideran que é unha magnífica solución de realidade aumentada, óptima para o uso profesional, e como exemplo diso temo o traballo de Patrick Jackson, un bombeiro de Rocky Mount (Carolina do Norte), que está a traballar nunha aplicación que facilite o seu traballo diario, o que inicialmente limítase á recepción de mensaxes ou á localización de bocas de incendio, pero que pretende chegar moito máis aló.
Como amosan nun vídeo promocional, Jackson quere que a súa aplicación para Google Glass sexa capaz de achegar mapas e planos de edificios para axudar a moverse aos bombeiros en medio de incendios (nos que o fume limita moito a visión) ou tamén permite consultar os diagramas de extracción para axudar a excarcerar a alguén dun vehículo accidentado, prestacións que claramente axudarán a salvar vidas.
A aplicación que está a desenvolver Jackson podería estar lista para o seu uso na práctica nos vindeiros seis meses, aínda que logo deberán solucionar o problema de poder empregar a tecnoloxía de Google Glass dentro das máscaras dos bombeiros (confían en que faciliten a súa integración no futuro).
Vídeo de presentación da aplicación que está a desenvolver Patrick Jackson
Unha aplicación para Google Glass podería axudar aos bombeiros nos seus rescates
Compartir Este Artigo

