Que os smartphones con Android e iOS teñan fallos de seguridade que permiten a súa liberación tamén os fai vulnerables a moitas outras ameazas como á espionaxe, e mentres que Windows Phone parecía quedar á marxe de toda esta problemática, parece que non é así, cando menos se atendemos á publicidade da compañía italiana HackingTeam, que está a ofrecer aos gobernos a súa solución de monitorización de comunicacións Galileo, que asegura ser capaz de interceptar correos electrónicos, chamadas de VoIP e incluso acceder á cámara e ao micrófono do móbil, aplicando esta tecnoloxía de espionaxe a múltiples sistemas (Windows, OS X, iOS Android, BlackBerry, Linux…) aos que agora únese o sistema operativo móbil de Microsoft.
Este tipo de tecnoloxía debería empregarse para loitar contra a delincuencia, e o HackingTeam só ofrece os seus servizos a gobernos (agás os vetados pola Unión Europea, EE.UU. e a OTAN), aínda que non parece que os países que empregan o software desta compañía italiana sexan precisamente os que máis respectan os dereitos humanos (teñen detectado tal software en Marrocos, Sudán, Arabia Saudí, Emiratos Árabes Unidos, Etiopía, Colombia…).
Cómpre destacar que ata o momento Windows Phone era a plataforma móbil máis segura (en boa medida pola súa reducida cota de mercado) pero segundo vai gañando popularidade increméntase tamén o seu atractivo como obxectivo para os profesionais que buscan fallos de seguridade que explotar, que nalgúns casos non chegan a facerse públicos para poder aproveitalos a longo prazo.
Vídeo promocional de HackingTeam
Unha compañía de espionaxe electrónica asegura ter vulnerado a seguridade de Windows Phone
Compartir Este Artigo

