Uns investigadores da Universidade de Princeton publicaron un informe que está a causar bastante rebumbio por aplicar os modelos epidemiolóxicos para explicar a adopción e abandono das plataformas de redes sociais como MySpace e Facebook, validando estes supostos analizando as tendencias de busca en Google sobre MySpace (que si parece terse comportado como unha enfermidade infecciosa) e aplicando logo o mesmo método a Facebook, predicindo que a compañía de Mark Zuckerberg podería perder o 80% do seu máximo número de usuarios entre os anos 2015 e 2017.
Asegurar que Facebook presenta un comportamento epidémico semellante á peste bubónica pode resultar unha idea orixinal, pero posiblemente sexa aínda moi cedo para asegurar que Facebook podería seguir a mesma sorte que MySpace, especialmente polo feito de que a compañía pode adoptar medidas para evitar a caída de usuarios que parece que xa comezou a producirse.
Un estudo compara a Facebook cunha epidemia
Compartir Este Artigo

