Unha startup emerxente especializada en intelixencia artificial, DeepMind, que nos últimos meses fichou a moitos expertos na material ata consolidar un equipos de medio cento de profesionais e conseguindo achegar un investimento de máis de 50 millóns de dólares nos seus aproximadamente 3 anos de vida, de xeito que sería a compañía independente máis grande do seu sector, de aí que nos últimos días compañías como Facebook e Google estivesen detrás da mesma.
Finalmente parece que Google é a empresa gañadora da poxa por DeepMind, facéndose coa mesma por uns 400 millóns de dólares, cantidade non confirmada por Google, pero que demostra o interese das grandes compañías na optimización dos seus sistemas mediante o uso da intelixencia artificial (ao parecer, DeepMind desenvolveu varias solucións de grande interese, como un sistema de recomendacións para o seu uso en comercio electrónico).
Google adquire unha empresa de intelixencia artificial por 400 millóns de dólares
Compartir Este Artigo

