Nos últimos anos non foron poucas as denuncias presentadas por entidades como aDeSe contra tendas que vendían sistemas que facilitaban a vulneración das protección de consolas de videoxogos para executar código non asinado (o que inclúe copias ilegais dos xogos) e finalmente o Tribunal de Xustiza da Unión Europea pon orde no asunto nunha resolución dunha causa de Nintendo contra a tenda italiana PC Box (sen relación coa cadea de tendas española co mesmo nome) na que detállase que baixo certas circunstancias evitar as proteccións das consolas de videoxogos é legal.
O feito de que os sistemas para desprotexer consolas permitan a reprodución de vídeos e música, ou programas caseiros, fai que sexan legais, pois o seu único uso non sería a reprodución de videoxogos copiados ilegalmente. O Tribunal detalla que a protección legal comunitaria é relativa ás medidas tecnolóxicas para evitar os actos de comunicación, reprodución ou distribución pública, considerando que non resulta proporcional prohibir dispositivos e actividades que poidan empregarse para propósitos ilegais ocasionalmente, pois para que completar a actividade ilegal (o uso de videoxogos non adquiridos legalmente) é preciso a intervención de terceiros.
De todos os xeitos, o Tribunal asegura que cómpre analizar cada caso, para ver se os sistemas para eliminar as proteccións das consolas de videoxogos se empregan maioritariamente para infrinxir o copyright ou se tal uso é simplemente anecdótico.
O Tribunal de Xustiza da Unión Europea considera legal modificar consolas de videoxogos
Compartir Este Artigo

