
Este tipo de solucións xorden porque nos últimos anos foron moitas as novas que chegaron ao público antes a través das redes sociais que dos medios tradicionais, converténdose nunha impresionante fonte de información de máxima proximidade e velocidade. Para poder aproveitar esa información, as ferramentas de Dataminr analizan os máis de 500 millóns de chíos que se publican diariamente para que as redaccións poidan identificar as novas do momento e localizar axilmente fontes verificables.
Este produto está a desenvolverse coa colaboración da CNN, que está a contribuír en refinar esta solución que aproveitará o potencial das publicacións de persoas de todo o mundo para facilitar o traballo de medios de comunicación.
Dataminr leva varios anos colaborando con Twitter para desenvolver as súas solucións informáticas de análises de información, que primeiro se aplicaron ao sector económico, logo ao sector público e agora ao da comunicación. Temos así a unha compañía que se especializa en buscar agullas no palleiro das redes sociais, axudando a converter os datos en información. Pretenden ofrecer Dataminr for News a axencias de novas de todo o mundo durante o presente ano.
Desenvolven unha solución para lanzar alertas informátivas baseándose no publicado en Twitter
Compartir Este Artigo

