
Esta operación é bastante rechamante, pois normalmente vemos a Google como unha compañía que compra, non que vende, pero resulta evidente que estaba a infrautilizar a marca Motorola, mentres que Lenovo, con grande forza no sector móbil en Asia, podería aproveitar a adquirida marca para mellorar a súa presenza internacional.
Pola súa banda, Google manterá a meirande parte do catálogo de patentes de Motorola Mobility, que foi o principal motivo para facerse coa empresa, como unha medida preventiva para escudar a Android da habitual guerra de patentes na que están envoltos moitos fabricantes de telefonía móbil, contribuíndo a mellorar a confianza dos mesmos no sistema operativo móbil de Google. O que Lenovo si recibirá é a licenza de uso das mencionadas patentes.
Non é a primeira vez que Lenovo adquire unha marca occidental para mellorar a súa presenza nos nosos mercados, pois en 2005 fíxose co negocio de ordenadores persoais de IBM, e con Motorola Mobility podería ter unha excelente oportunidade para canalizar o seu crecemento no mercado dos smartphones.
Lenovo compra Motorola a Google
Compartir Este Artigo

