
En total, durante 2013 teríanse vendido 217,1 millóns de tablets a nivel mundial, mellorando os 144,2 millóns de unidades de 2012 (supón un crecemento do 50,6%) pero en mercados como o estadounidense a saturación xa é visible, de xeito que o crecemento global continuaría a producir grazas principalmente aos mercados emerxentes. Como mostra de que nos EE.UU. está a resultar complicado que o mercado absorba a chegada tablets ao mesmo ritmo que en anos anteriores temos que Amazon perdeu un 1,7% de cota de mercado entre o último trimestre de 2012 e o de 2013 (en vendas absolutas colocou 100.000 tablets menos), o que resulta preocupante, posto que os Kindle Fire tiñan unha moi boa acollida en Estados Unidos.
A compañía líder no mercado dos tablets continúa a ser Apple con 26 millóns de iPad vendidos, seguida por Samsung, que aínda que só vendeu 14,5 millóns de tablets, experimentou un incremento de vendas do 85,9%, mentres que o crecemento interanual da compañía de Cupertino foi de só o 13,5%) deixando clara a tendencia que leva a Apple a perder cota de mercado pese a que ata hai pouco dominaba claramente o sector, pero os cada vez mellores tablets con Android e o seu prezo moito máis reducido fai que a longo prazo Apple o teña complicado para manter a súa posición de liderado.
O mercado dos tablets camiña cara a súa saturación
Compartir Este Artigo

