
HBO GO é unha plataforma de pagamento nos EE.UU. que permite o acceso ao catálogo de contidos da HBO (películas, series, eventos deportivos…) dende o ordenador, así como a través de dispositivos móbiles con iOS ou Android, o que é unha demanda cada vez máis elevada á que poucas compañías están a saber responder axeitadamente.
O acontecido a pasada noite era dificilmente xustificable, pois era de prever un importante volume de accesos ao novo episodio de True Detective, xa que a serie levaba semanas gañando atención. Se temos en conta que o servizo da HBO é máis caro que o da competencia (Netflix) que, por outra banda, si está sabendo responder á vaga de usuarios que acceden aos episodios de House of Cards, temos unha situación na que as compañías de televisión teñen que adaptarse seriamente ao novo contorno dixital se non queren perder a súa reputación e, consecuentemente, os clientes gañados durante anos de bo traballo en plataformas tradicionais.
O episodio final de True Detective provoca a caída de HBO GO
Compartir Este Artigo
