
Esther Medina, responsable do Servizo de Innovación e Novas Canles da CRTVG e vogal da Área de I+D+i do Clag, encargarase de abrir esta xornada, tras o que o director xeral do Grupo Arcade Inforhouse, Vidal Díaz, presentará as Tendencias de outsourcing na infraestrutura tecnolóxica.
Durante a mañá tamén se impartirán dous obradoiros: un sobre Virtualización de escritorio e mobilidade a cargo de Arcade Inforhouse, e outro sobre os servizos que ofrece o CESGA, que impartirá o seu administrador de sistemas, Carlos Fernández.
O curso rematará coa sesión titulada Produción Audiovisual na Nube, a cargo do CTO e do responsable de Sistemas de Unitecnic na oficina de Madrid, Juan David Vivas e Iván Tobares respectivamente, que exporán as posibilidades que ofrece a redacción na nube, entre outros aspectos de interese para as PEME do sector audiovisual.
Unha xornada no CESGA achegará o audiovisual galego á nube
Compartir Este Artigo
