
Lembrar que AS Computer foi fundada en 1991 en Santiago de Compostela, contando daquela cun establecemento na rúa Rosalía de Castro, que servía de acubillo e punto de encontro para os seareiros dos produtos Mac da nosa terra. Ao longo dese tempo, a empresa galega foi recoñecida como distribuidora e servizo técnico autorizado de Apple e logo xa como Apple Center e Apple Premium Reseller. En xullo de 2007, a firma abriu tenda en Vigo (Novo Centro Apple Premium Reseller da Porta do Sol), en marzo de 2012 as novas instalacións da Avenida de Barcelona en Santiago e en decembro dese mesmo ano inaugurou dependencias en Ourense. Todas estas tendas teñen un denominador común: ofrecer o máis amplo rango de software e accesorios da marca Apple, sendo Mac, iPhone e iPad os seus principais piares-produto. En definitiva, AS Computer ofrece “todos os produtos, servizos, e formación que un cliente de Apple pode necesitar”, informa a empresa galega.
AS Computer MacCenter celebra o seu 23 aniversario con reaperturas, sorteos e descontos
Compartir Este Artigo
