A reinauguración da tenda de AS Computer contou cunha asistencia masiva de público mozoEsta tarde a tenda de AS Computer sita no número 4 da Avenida de Barcelona en Santiago de Compostela volveu a abrir as súas portas nunha festa con grande éxito de público, na que realizáronse sorteos e entregáronse distintos agasallos aos presentes, dinamizando unha reinauguración que chega a tempo para a estrea en España do novo iPad, dispositivo que en poucas horas centrará as miradas do que visiten a este Apple Premium Reseller. Pese a que en España non existe a tradición de facer grandes colas fronte a tendas de Apple, o renovado establecemento compostelán logrou congregar nas súas portas a ducias de persoas dende a primeira hora da tarde, pese a que a apertura de portas non tería lugar ata as 19:00 horas, premiándose esta antelación con agasallos e sorteos de cheques de desconto por valor de 20 euros. Xa dentro, realizáronse varios sorteos de reprodutores multimedia iPod, que pese a que parecen dispositivos que están a ser substituídos polos smartphones, continúan a gozar de boa saúde, como demostrou a atención que captaban entre os presentes. A nova tenda presenta unha estética acorde coa imaxe de AppleA nova tenda presenta unha aparencia moderna, moi propia das tendas de Apple, pero destacando por repartir o seu espazo en dúas alturas e permitir o seu acceso dende dúas avenidas (Mestre Mateo e Barcelona). AS Computer permite ver en primeira persoa o catálogo de produtos de Apple, contando tamén co asesoramento do seu persoal á hora de decidir a nosa compra ou de resolver distintos problemas, completando tamén a súa labor comercial con demostracións de produtos, obradoiros de balde e asistencia técnica personalizada, que conforman así un servizo completo de atención ao cliente que agradecerán os maqueiros composteláns e doutras poboacións galegas onde non haxa establecementos especializados en produtos da compañía de Cupertino.