Dende esta semana é posible ver de balde a través de YouTube ou descargar a través de Steam (ocupa 5,4 Gb) o documental Free to Play: The Movie, no que durante unha hora e cuarto amosan o seguimento a tres xogadores profesionais a través do mundo para competir por un premio de 1 millóns de dólares no primeiro torneo internacional do xogo Dota 2, co que pretenden facer un achegamento ao fenómeno dos deportes electrónicos, que están a converterse nunha das competicións máis practicadas globalmente.
Este documental producido por Valve rexistra os retos e sacrificios que teñen que enfrontar os xogadores para competir ao máis alto nivel e pode verse con voces en inglés e con subtítulos en 23 idiomas (entre os que non faltan o español e o portugués).
O documental Free to Play: The Movie íntegro

