
Aínda que os datos de portabilidade móbil foron moi altos, o importante volume de ganancia de liñas de contrato (209.843) non conseguiu compensar a caída en prepagamento (198.879) e en datacards (32.407) de xeito que no mes de xaneiro rexistraríase unha redución de 21.443 liñas móbiles. Como vén a ser habitual, a meirande parte da perda neta de liñas corresponde a Movistar (155.570) e a Vodafone (73.360), mentres que Orange perde só 2.020 liñas, o que contrasta co resultado de Yoigo, que gaña 72.260 liñas, mentres que as 137.240 liñas restantes van a parar aos diferentes operadores móbiles virtuais.
O único segmento que continúa a medrar é o da banda larga, que sumou 77.974 liñas, encadeando 18 meses consecutivos de crecemento, chegando aos 12,3 millóns, o que supón un incremento interanual do 5,9%. Cómpre destacar que a meirande parte das novas contratacións de banda larga (39.485) corresponden a liñas FTTH.
Record de portabilidades móbiles en xaneiro
Compartir Este Artigo

