A axencia dixital coruñesa Ipglobal dedicou o seu segundo almorzo tecnolóxico ao branded content, ou como producir contido relevante que interese, que motive, que entreteña… para transmitir os valores dunha marca e conectar coa audiencia, para o que congregou ás empresas galegas Inveravante, R, Bricoking, Froiz, Attica 21 e CEO Solutions para darlles conta dos beneficios do contido de marca. Ipglobal tamén invitou a Alfonso Molinelli, director creativo de TonyLeBrand, como relator para contar a súa visión das marcas como contadoras de historias.
En opinión do creativo, estamos no mellor momento posible para facer publicidade, para construír marcas, para en definitiva, contar historias. “De Alfred Hitchcok a Steve Jobs, o mundo é dos contadores de historias”, explicou Molinelli, quen animou ás empresas presentes a aproveitar a oportunidade dixital para conectar co seu público xerando contido motivador, que o público busque e que, de xeito implícito, se asocie aos valores da marca.
Non son precisas grandes producións como o salto da estratosfera de Red Bull, as empresas galegas deben ter “reflexos” para xerar esas historias que inspiren, pois se a historia consegue conectar co público será compartida en redes sociais, difundida polos medios de comunicación ou comentada en conversas de café.
O repaso ás chaves do branded content logrou xerar debate entre os representantes das empresas galegas, que destacaron a necesidade de que as compañías non se conformen con accións puntuais e invistan en estratexias de mercadotecnia de contidos a longo prazo. Os participantes interesáronse ademais sobre a posibilidade de medir o retorno do investimento deste tipo de accións, hoxe en día posible grazas ás ferramentas dixitais.
Durante o almorzo, a responsable de comunicación de Ipglobal, Susana Evangelista, fixo un repaso por exemplos de branded content, dende a creación do personaxe de Popeye (un encargo dunha asociación norteamericana de produtores de espinacas) aos doodles de Google, personalizacións do logotipo do buscador que, ademais de implicar a audiencia, xeran notoriedade e conseguen transmitir os valores da marca: innovación e coñecemento.
Ipglobal anima a empresas galegas a crear contidos de marca
Compartir Este Artigo

