Hai pouco puidemos ver como as populares lentes de Google se ofrecían durante 24 horas ao público xeral nos EE.UU., de xeito que xa non era precisa a invitación para poder facerse cunhas Glass, pero esta oportunidade por tempo limitado deixa de serlo, e o proxecto Google Glass podería considerarse agora en beta pública, xa que o Programa de Exploradores queda aberto a calquera nos EE.UU. que estea disposto a pagar os 1.500 dólares que custa o trebello que só custaría 152,47 dólares en compoñentes (aínda que a compañía que fixo este cálculo lembra que os produtos non custan a suma das súas partes, pois precisan de software e dun custoso proceso de investigación e desenvolvemento).
Con este cambio na política de distribución das Google Glass búscase ten un maior campo de probas para o que podería chegar a ser un produto comercial a finais de ano ou para o ano que vén, e o feito de que estean a facilitar o facerse co modelo actual tamén podería ser o preludio do lanzamento dunha nova versión, máis próxima do que sería o dispositivo final.
As Google Glass xa poden mercarse nos EE.UU. sen invitación
Compartir Este Artigo

