A Casa Real español abriu este mediodía a súa conta oficial en Twitter baixo o nome de usuario @CasaReal, co obxectivo de informar das actividades da Familia Real e da institución e comezando a súa andaina dando a benvida aos seus futuros seareiros cun saúdo en español, catalán, éuscaro, galego e inglés.
A través da nova conta de Twitter a Casa Real está a publicar imaxes das audiencias e actos da Familia Real, xunto aos discursos e outros contidos que dende a páxina web oficial da entidade axuden a dar a coñecer mellor a Monarquía española. O espazo tamén servirá para informar cada venres da axenda da Familia Real.
Polo momento parece que estaremos ante unha canle de comunicación unidireccional, na que a institución publicará información pero non atenderá aos seus seareiros, como parece traducirse do feito de que polo momento só siga a contas doutras institucións de carácter semellante (como as outras grandes institucións do Estado e outras casas reais europeas).
Dende a Casa Real remiten a unhas normas de uso desta canle de comunicación nas que instan aos usuarios a evitar contidos ofensivos, mensaxes publicitarias, difusión de datos persoais ou a reiteración de comentarios, o que pode resultar bastante rechamante, pois a Casa Real carece de potestade sobre Twitter, pois é o servizo o que ten normas de uso, non podendo impor un usuario particular norma algunha sobre o funcionamento dunha canle de comunicación pública.
A Casa Real estrea conta oficial en Twitter
Compartir Este Artigo

