Os resultados trimestrais de Apple amosaban unha caída de vendas do 16% do iPad, o que parecía indicar que este segmento de produtos podería ter chegado á súa saturación, cesando o seu crecemento, o que agora ratifica a consultora IDC, que no seu último informe estima que para este ano o número de tablets que se colocarán no mercado será de 245,4 millóns de unidades, o que supón unha contracción das anteriores proxeccións (que contaban con 260,9 millóns de unidades). Temos así que pásase dun incremento interanual do 51,8% a unha caída do 12,1% (aínda que mantendo un importante volume de vendas).
Que os consumidores non merquen cada día máis tablets ten unha clara explicación: este tipo de dispositivos poden manterse en uso durante varios anos, especialmente nos modelos máis caros, e a súa renovación normalmente tradúcese na cesión do vello dispositivo a algún familiar, facendo que o parque de produtos vellos en uso sexa moi grande, o que frea a compra de novos trebellos. Tamén xoga na súa compra a falta de subvencións por parte de operadores de telefonía como acontece cos smartphones en moitos países.
Pero como contraste temos que os smartphones seguen a medrar, cun incremento do 23%, chegando aos 1.400 millóns de unidades, das que máis do 80% corresponden a dispositivos con Android. Dende IDC tamén destacan que agora os produtos que están na súa fase alcista son os tabletófonos, considerando que manterán o seu pulo ata 2017. O feito de que actualmente os smartphones atrévanse con pantallas de 5,5 polgadas e superiores tamén está a provocar que os teléfonos rouben vendas aos tablets.
IDC prognostica unha baixada de vendas dos tablets durante o presente ano
Compartir Este Artigo

