A sexta edición da Noite da Enxeñaría en Informática terá lugar o vindeiro 13 de xuño no compostelán Hotel-Monumento San Francisco e será nese encontro no que o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática (CPEIG) entregue á Axencia Galega de Innovación (GAIN) o galardón Iniciativa da Administración. Engadir que a dita distinción únese aos outros premiados dentro dos galardóns que concede de xeito anual o ente colexial.
Emporiso, a innovación potenciada por GAIN, mediante o fomento da investigación e do desenvolvemento tecnolóxico, foi a razón do recoñecemento das enxeñeiras e enxeñeiros informáticos de Galicia. Dentro das iniciativas postas en marcha pola axencia, salienta a elaboración da estratexia RIS3 en Galicia, condición previa para a aprobación dos vindeiros programas operativos de fondos estruturais e a dispoñibilidade de fondos no período 2014/2020.
Que se agocha detrás das siglas GAIN? Pois estamos perante a entidade da Xunta de Galicia encargada de apoiar as empresas galegas para seren máis competitivas e para impulsar o seu medre sobre “alicerces sólidos e sustentables no tempo, mediante a innovación e un espírito empresarial creativo”.
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática premia o labor da Axencia Galega de Innovación
Compartir Este Artigo
