O Moto E será un dos smartphones que recibirá Android 4.4.3 esta semana pese a ser un dispositivo que en España ten un prezo de só 119 eurosGoogle está a publicar a actualización a Android 4.4.3, versión que comeza agora a súa distribución inicialmente entre os terminais móbiles da familia Nexus e aos Google Edition, que son os que teñen garantidas as actualizacións por parte de Google pero, sorprendentemente, dende Motorola (agora unha marca de Lenovo) dan un auténtico golpe sobre a mesa e confirman que esta mesma semana tamén recibirán a actualización os usuarios de terminais Moto X, Moto G e Moto E, de xeito que estes terminais conseguen gañar moitos puntos entre os usuarios, especialmente pola súa boa relación calidade-prezo (nos últimos días o Moto E chegou ao mercado español a un prezo de 119 euros, deixando claro que para ter un smartphone actualizado non hai que realizar grandes investimentos económicos). A nova actualización de Android supón a información dun marcador telefónico avanzado cunha nova interface e novas cores para mellorar a súa consistencia e usabilidade, á vez que aproveitan a renovación do sistema para mellorar a estabilidade e o rendemento e incorporar correccións de fallos de seguridade. No caso dos usuarios de terminais de Motorola haberá melloras adicionais: os usuarios do Moto X contará cunha mellor calidade de imaxe coa súa cámara; mentres que nos Moto X e Moto G engadirase a opción de poder pausar/retomar a gravación de vídeo e estrearán tamén a aplicación Motorola Alert, que remitirá mensaxes periódicas aos contactos que elixamos para a súa tranquilidade.