
Ademais, un 9% das persoas que mercan en tendas en liña paga xa a través do móbil. No transcurso da xornada, na que tamén se abordaron os cambios que as empresas deben afrontar para adaptase a esta revolución dixital (dominada polas aplicacións móbiles, as redes sociais e o Big Data), Alonso fixo fincapé “na rapidez coa que se producen e desenvolven as novas tecnoloxías, empregadas para mellorar a comunicación entre as organizacións e os seus clientes, grazas á atención multicanle e as novas plataformas de centros de contacto e de atención que xa integran todo tipo de canles: apps, redes sociais, portais sectoriais, etc”.
Por outra banda, salientou a importancia do vídeo como soporte de comunicación para as empresas, “xa que o 60% do tráfico móbil de datos reprodúcese neste formato, e a tendencia é que siga a medrar nos vindeiros anos”. Igualmente, lembrou que Telefónica ten entre os seus obxectivos fundamentais o de achegar a tecnoloxía ás persoas e ás organizacións, cometido para o que investiu xa máis de 5.000 millóns de euros en I+D+i en todo o mundo, “destinando o 50% deste importe exclusivamente a España”, engadiu Alonso, que tamén destacou as posibilidades de potencialidades da banda larga ultra-rápida nesta revolución dixital, posibilidades que a compañía quere levar aínda máis lonxe aumentando os seus investimentos en fibra óptica (en 2014, un 66% máis de investimento ca en 2013).
Galicia Open Future, o centro de crowdworking do Gaiás
Manuel Alonso aproveitou a oportunidade na xornada para amosar os beneficios e vantaxes que vai pór en xogo Galicia Open Future, centro de crowdworking emprazado na Cidade de Cultura de Santiago e, en palabras de Alonso, “un gran hub global de innovación que Telefónica acaba de pór en marcha co obxectivo de apoiar o emprendemento vinculado aos mozos, e no que teñen cabida todo tipo de proxectos tecnolóxicos seleccionados a través dun proceso de cualificación de talento”. Lembrou tamén que as 50 startups que formen parte desta aceleradora, que comezará a funcionar despois do verán, participarán así nun completo e intenso programa de aceleración, e poderán beneficiarse das alianzas que o centro de emprendemento desenvolveu con socios estratéxicos e redes locais de financiamento.
Manuel Alonso salienta que no eido estatal descárganse xa 1.4 millóns de aplicacións ao día
Compartir Este Artigo
