Tras a magnífica acollida das súas primeiras edicións, o Festival Social Media de Galicia coñecido como MexilOnseTuits encara a súa nova entrega cunha renovación que resulta evidente ao ver a súa nova páxina web e incluso cun traslado de datas e situación, de xeito que en 2014 o festival celebrarase o 18 de outubro no Auditorio Municipal de Cangas.
O evento que pon ao Morrazo no mapa das redes sociais galegas continúa con folgos renovados, abrindo xa o prazo para presentar proxectos aos Premios Galegos do Marketing en Medios Sociais, que constarán de 8 categorías: Mellor Blog de Moda, Mellor Blog Informativo/Cultural, Mellor Blog Turístico, Mellor Blog Gastronómico, Mellor Campaña Social, Mellor Campaña Comercial, Mellor Vídeo Viral e Mellor Integración E-commerce. Poderanse presentar traballos realizados entre 2013 e o 30 de xuño de 2014, estando as candidaturas abertas ata o vindeiro 31 de xullo.
Esta iniciativa cumpre cunha dobre función, pois mentres serve para promover as iniciativas galegas na web social, tamén serve para proxectar a comarca do Morrazo ao resto do mundo.
MexilOnseTuits abre o prazo de candidaturas aos seus premios anuais
Compartir Este Artigo

