Co obxectivo de mellorar o traballo de xornalistas e comunicadores, vén de pórse en marcha dende Madrid a ferramenta de balde Reportaro, un servizo que ten a capacidade de conectar a aqueles entre eles e coas fontes especializadas de información. Segundo informan os responsables da súa posta en marcha, a idea é optimizar o día o día dos xornalistas e dos medios, arestora sometidos a máis carga de traballo e, ao mesmo tempo, dada a competencia xerada polo ateigado panorama dixital, obrigados “a manter o estándar de calidade” e a ser máis rápidos ca ninguén.
O funcionamento é o seguinte: sen necesidade de rexistro “nin custo algún”, o xornalista indica desde a propia web de Reportaro que contido está a elaborar, con que perfil profesional precisa falar, como pode ser contactado e ata cando. Esta información é enviada aos usuarios da plataforma que máis se poden adaptar á petición do xornalista, desde profesional freelance ata axencias de comunicación que representan a PEME e grandes empresas. Unha vez que a reciben, as persoas interesadas en achegar os seus puntos de vista e experiencia fanllo saber ao solicitante, “que é quen en última instancia decide a que fontes contactar e se finalmente as menciona ou non no seu contido”.
Reportaro nace a finais de 2013 co obxectivo “de facilitar a produción de contido a xornalistas e blogueiros”. Trátase dunha startup creada por xornalistas e que “é consciente dos problemas que sofre o sector, pero ao mesmo tempo entende que a comunicación atópase nun contexto de transición con multitude de oportunidades para os profesionais deste eido”.
Reportaro, unha ferramenta de balde para facilitar o contacto entre xornalistas
Compartir Este Artigo
