O xoves da semana que vén o Ilustre Colexio Provincial de Avogados de A Coruña celebrará unha xornada de produtividade e organización orientada a bufetes e despachos impartida polo enxeñeiro de telecomunicacións Rafa García a través do seu proxecto Valor 2.0. Con esta actividade García pretende atender a unha necesidade moi evidente para os máis de 3.000 colexiados da institución coruñesa, que vense inmersos nunha realidade de difícil xestión, na que na meirande parte dos casos teñen que compaxinar unha faceta puramente xurídica coa xestión das súas empresas.
Para botar un cabo aos profesionais, Rafa García fusiona a súa experiencia no sector TIC cun enfoque práctico e próximo para introducir dun xeito adaptado e consensuado ferramentas tecnolóxicas relacionadas con metodoloxías de auto-organización (como GTD ou Personal Kanban), contornos colaborativos ou a xestión de proxectos (Legal Project Management).
Participarán nesta actividade un total de 120 persoas, por limitacións de aforo, pois a demanda deste tipo de xornada é moi elevada como demostrou o feito de que xa se esgotasen as prazas con bastante antelación.
Os avogados da Coruña recibirán formación sobre ferramentas TIC para mellorar a súa produtividade
Compartir Este Artigo

