A casa de poxas Christie’s porá á venda un pequeno anaco da historia da Informática, un prototipo de circuíto integrado construído entre o 18 de xullo e o 12 de setembro de 1958 elaborado por Tom Yeargan para Jack Kilby en Texas Instruments, polo que esperan conseguir entre 1 e 2 millóns de dólares, xa que se trata dun dos máis importantes avances na historia da computación.
O lote está composto por unha oblea de xermanio de 11 milímetros de longo (con outros pequenos elementos) colocado sobre unha placa de petri, unha segunda placa con conexións de ouro e fío de cobre e un documento de tres páxinas do propio Tom Yeargan no que detalla a cronoloxía e construción do invento do circuíto integrado, con data do 6 de marzo de 1964.
Poñen á venda un prototipo do primeiro circuíto integrado
Compartir Este Artigo

