A Comisión Europea aprobou a proposta de adquisición do Grupo Corporativo ONO por Vodafone Group Plc atendendo ao Regulamento sobre concentracións da Unión Europea por considerar que a operación non supón problemas de competencia, xa que as actividades das partes son en grande media complementarias: a principal actividade de ONO está relacionada coas comunicacións fixas, mentres que a actividade de Vodafone céntrase principalmente nas telecomunicacións móbiles.
As actividades de Vodafone e ONO solápanse nunha serie de mercados, pero a Comisión considerou que os efectos da operación neses ámbitos serían moi limitados, dado que a entidade resultante da concentración vai seguir enfrontándose á competencia doutros importantes axentes do mercado como Telefónica, Orange e Jazztel.
De cara á prestación de servizos combinados, a Comisión tampouco atopou atrancos a autorizar a operación, por entender que non afectará á competencia dada a dispoñibilidade de operadores alternativos e ás obrigas regulamentarias en relación ao acceso maiorista a servizos móbiles e fixos.
A Unión Europea dá luz verde á compra de ONO por parte de Vodafone
Compartir Este Artigo

