
A firma ofrece ao gañador do certame as tecnoloxías precisas para a realización dun estudo de control e seguimento dos niveis de metais pesados atmosféricos nunha contorna industrial ou urbana, que permitirá identificar os elementos nocivos presentes no ar e caracterizar a súa distribución. O prazo para presentarmos ideas e propostas vai do 22 de xullo ao 30 de setembro.
O concurso está dirixido a asociacións ecoloxistas, plataformas ambientais, asociacións sen arela de lucro, organizacións non gobernamentais e fundacións ambientais. Para participaren deberán descargar da web da empresa, www.biovia.es, as bases reguladoras e o formulario de inscrición que será enviado por correo electrónico a vigilatuaire@biovia.es. Co fin de contribuír á protección do medio, a presentación de solicitudes realizarase exclusivamente en formato dixital vía correo electrónico.
Como lembraremos, Biovía é unha empresa biotecnolóxica dedicada ao deseño e comercialización de ferramentas innovadoras para o seguimento da contaminación atmosférica, fluvial e mariña. Para a identificación da presenza de metais pesados no ar, Biovía comercializa un dispositivo baseado no emprego de material biolóxico como captador destes contaminantes. “Este material”, informan os responsables da empresa galega, “desenvolveuse empregando tecnoloxías eco-miméticas que aproveitan as características físico-químicas e morfolóxicas dos musgos terrestres”. Sinalar que Biovía foi unha das iniciativas gañadoras na décima convocatoria do Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da Universidade de Santiago, onde obtivo o primeiro premio e onde o xurado salientou o seu potencial na achega de novas ferramentas de biomonitorización para o control dos medios atmosférico, mariño e fluvial.
A galega Biovía convoca un innovador concurso para denunciar a calidade do ar
Compartir Este Artigo
