A terceira edición dos Premios Galegos do Marketing en Medios Sociais MexilOnsTuits trasladou este ano tanto a súa data como a súa sede, celebrándose o vindeiro 18 de outubro no Auditorio Municipal de Cangas, e para aceptar traballos nas súas categorías remata o prazo de presentación o vindeiro xoves, polo que aos interesados en competir deberían bulir para cubrir o formulario de participación nestes premios de referencia.
En MexilOnseTuits premiarase ao Mellor Blog de Moda, ao Mellor Blog Informativo/Cultural, ao Mellor Blog Turístico, ao Mellor Blog Gastronómico, á Mellor Campaña Social, á Mellor Campaña Comercial, ao Mellor Vídeo Viral e á Mellor Integración E-commerce, esperándose que unhas semanas antes da gala de entrega dos premios poidamos coñecer aos finalistas en cadansúa categoría, o que permite visibilizar o dinamismo deste sector dentro da nosa comunidade.
Este certame ten unha dobre función, pois aparte de dar a coñecer a distintas iniciativas do sector do social media que se desenvolven en Galicia, tamén contribúe a proxectar a comarca do Morrazo no seu conxunto (gastronomía, patrimonio, natureza…) a través das plataformas de web social, de aí que tras dúas edicións en Bueu, agora opten por Cangas para potenciar esta face do festival.
O xoves remata o prazo para presentarse á terceira edición de MexilOnseTuits
Compartir Este Artigo

