
Polo que respecta á investigación feita por Alberto Varela García, o xurado valorou “o potencial deste traballo como xerador de avances na enxeñería civil mediante a aplicación das TIC, e as súas propostas para o mellor aproveitamento das infraestruturas viarias, coa implementación de métodos orixinais de análise da súa funcionalidade, aplicados aos Sistemas de Información Xeográfica, SIX”. Tamén salientou “a súa contribución á xeración de novas patentes e iniciativas empresariais”.
O galardón está dotado con 2.000 euros. Varela, enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos, é profesor da Universidade da Coruña.
Grazas ao método que propón a tese de Varela, informa o centro tecnolóxico que dá nome e impulsa este galardón en concreto (Gradiant), é posible “asignar múltiples parámetros a cada sección do viario, procedentes de distintas fontes de datos a través de diferentes tecnoloxías, e tratalos de xeito conveniente para xerar nova información a partir deles”. Asemade, permite levar cabo simplificacións xeométricas dos datos establecendo treitos de xeito telemático e segundo os aspectos que se precisen, sendo o obxectivo disto acadar un manexo máis doado da información sobre os SIX (Sistemas de Información Xeográfica) e executar sobre ela variadas técnicas de análise”. O xurado tamén valora a súa contribución á xeración de novas patentes e iniciativas empresariais.
O premio Gradiant 2014 salienta unha tese sobre análise xeoespacial
Compartir Este Artigo
