Dende 2011 existe un serio problema para os usuarios de terminais iPhone que teñan abandonado á compañía da mazá, que consiste no feito de que, o ter activado que a aplicación Mensajes (ou iMessage), esta intercepta todas as mensaxes de texto que lle remitan outros usuarios de iPhone para entregalas a través desta aplicación, o que fai que as comunicacións vaian parar ao limbo, xa que en vez de remitirse como mensaxes SMS, transmítense a través da aplicación de Apple, o que fai que sen ter a mesma instalada no móbil a recepción sexa imposible.
Dende Apple recoñeceron estar a traballar na solución deste problema dende o pasado mes de maio, e finalmente publicaron como solución unha páxina web na que explican como desactivar iMessage no caso de que teñamos aínda un iPhone, para poder recibir as mensaxes de texto como SMS ordinarias, e tamén inclúen un formulario no que podemos introducir o noso número de teléfono para que, tras confirma que é noso a través dun código de confirmación, desligarase do servizo de iMessage, facendo que os dispositivos con iOS consideren que ese número non fai uso do servizo de correo instantáneo.
Esta ferramenta é de grande utilidade para usuarios que mudan de teléfono con certa frecuencia, ou que deixan definitivamente de usar móbiles de Apple, resultando rechamante que Apple tardase anos en arranxar este problema que incluso provocou que presentaran contra a compañía unha demanda xudicial (por secuestrar as mensaxes de texto remitidas a persoais que xa non usan dispositivos da súa marca).
Apple publica unha ferramenta para desligar números de teléfono de iMessage
Compartir Este Artigo

