A xornada A túa identidade dixital é a túa marca persoal?, que terá lugar na aula CeMIT de Pontevedra o 21 de novembro entre as 18:30 e as 20:30 horas, analizará da man de cinco expertos como a chegada de Internet engadiu unha nova dimensión ao concepto de identidade, e como converter o eu dixital nunha marca persoal de éxito que explotar como simple entretemento compartido ou de maneira máis comercial. É o terceiro dos Faladoiros Dixitais do proxecto Faite Dixit@l!, que organiza a AMTEGA en colaboración con Fundetec, e a súa entrada será libre e de balde ata completar o aforo, podendo realizar a inscrición a esta actividade a través da web.

A xornada será presentada pola xefa do Departamento de Socidade da Información da AMTEGA, Felicitas Rodríguez, e da xerente de proxectos de Fundetec, Lourdes Iglesias, tras os que intervirán os seguintes relatores:
– María Vázquez, autora do blog de arte El Ojo en el Cielo, polo que recibiu o Primeiro Premio no I certame Setdart Mellor Blog de Arte 2014 (Outubro 2014).
– Gorka de Luís, creador do grupo de Facebook chamado Smrtjb, no que convida as persoas a compartir as ofertas de traballo que detectan nas redes. Gorka cre firmemente na potencialidade do 2.0 para favorecer o acceso das persoas ao mercado laboral.
– Javier Pedreira, co creador do blog Microsiervos, para a divulgación sobre tecnoloxía, ciencia e Internet, entre outros temas.
– David García Bragado, autor do blog Vestirse porlos pies (e do libro de igual título), dedicado á moda masculina. e á promoción do a figura do home clásico en constante evolución.
– Vitoria Ambrós e Raquel Lemos, autoras de Branding Ioga. Uniron os seus coñecementos e experiencia nos campos de ioga e de branding para enriquecer a marca persoal do profesional.
A imaxe dixital e a marca persoal centrar un faladoiro dixital en Pontevedra
Compartir Este Artigo

