
Como avanzamos hai uns cantos días, estamos ante encontro que inclúe relatorios con vocación didáctica aos que seguirá unha sesión de elevator pitch para dar a coñecer algúns novos proxectos galegos. Compostweets vén da man de Lúdica 7, empresa especializada en accións formativas sobre servizos sociais, na achega de recursos para a publicación dixital do xeito máis cómodo e eficaz posible e, tamén, na organización das diferentes xuntanzas de Compostweets, xeiras de traballo e intercambio de información que reúnen dende a súa posta en marcha a centos de profesionais (máis de 300 na primeira cita) das redes sociais na nosa terra.
Segundo Lúdica 7, os obxectivos de Compostweets pasan por crear, manter no tempo e ampliar un punto profesional de encontro arredor dun fenómeno que nos colle de cheo: o espallamento dos servizos de Internet que convidan á participación activa. Asemade, preténdese establecer ligazóns duradeiras con outras accións profesionais semellantes que se levan a cabo na xeografía estatal.
O programa de Compostweets 2014 quedaría como segue:
10:00 – Apertura de instalacións, recepción de asistentes e convidados
10:30 – Compostweets 2014 Nadal en Rede
11:00 – Un Facebook divertido / O Facebook de Chus Alvite
11:30 – 12:00 – Café.
12:00 – O meu Twitter supérame. ¿Redes sociais? O meu sobriño encárgase de todo por Javier Rocamora
13:00 – Non vendo un pemento co meu e-commerce por Manuel Alonso
13:30 – Presentacións Elevator Pitch
14:00 – Xantar no Restaurante O Pajueleira (esta actividade terá un prezo de 10 euros
Santiago acolle este venres a nova edición de Compostweets, encontro dos nosos profesionais das redes sociais
Compartir Este Artigo
