As dez principais superficies comerciais de Vigo (C. C. Camelias, C.C. Gran Vía, C.C A Laxe, C.C Praza Elíptica, C.C. Meixoeiro, C.C. Cidade Universitaria, C.C. Travesía, El Corte Inglés e os dous establecementos de Alcampo) contan xa con cobertura de banda larga ultrarrápida móbil grazas ao despregamento efectuado por Telefónica nas súas instalacións e que permite velocidades de navegación en Internet que poden chegar ata os 100 Mbps, posibilitando así a descarga e a compartición instantánea de arquivos como música ou contidos en alta definición e o goce de videoxogos en liña.
Telefónica tamén dotou con tecnoloxía 4G ao Porto e á Zona Franca da cidade, facilitando así o seu acceso ás empresas instaladas na zona e continuando co esforzo investidor en comunicacións móbiles que veu desenvolvendo nos últimos anos, o que supuxo a activación de 138 nodos de 4G nas principais cidades galegas.
A compañía ofrece, tamén tanto na fronte marítima de Vigo como nas súas grandes áreas comerciais, servizo 3G avanzado (con velocidades de ata 42 Mbps). Cabe sinalar ademais que, en Galicia, a cobertura móbil é superior á media española, e só en 3G acada ao 98% da poboación (cando a media estatal é do 74%), chegando a practicamente o 100% co resto das tecnoloxías.
As grandes superficies comerciais de Vigo xa gozan de conectividade 4G
Compartir Este Artigo
