
A compañía conectou tamén estas estacións á súa rede de fibra óptica, mellorando así o servizo de transmisión de datos debido á maior escalabilidade deste medio de transporte, o cal permite ampliar a capacidade ou tráfico de datos cursado en situacións de alta demanda.
O 100% da poboación da Coruña pode gozar xa de velocidades de navegación en Internet de ata 100 Mbps, que fan posibles a descarga e a compartición instantánea de arquivos como música, contidos en alta definición ou o desfrute de videoxogos online.
Telefónica continuará levando 4G a outros puntos da provincia durante os vindeiros meses, ampliando para iso o número de estacións base en servizo que contan con esta tecnoloxía. Este feito supoñerá un aumento da cobertura en interiores e unha maior capacidade da rede, o que lle permitirá estar preparada para o previsible incremento nos próximos anos do uso de terminais 4 G e da demanda de datos.
A finalización do despregamento de 4G na Coruña supón tamén un novo avance nos plans da compañía para implantar tecnoloxías ultrarrápidas en Galicia, e que nos últimos anos a levou a realizar un importante esforzo investidor en comunicacións móbiles. Este ano investirá máis de 16 millóns de euros para levar 4G ao 87% dos galegos, tendo xa operativas nas grandes cidades de Galicia máis de 150 estacións base con banda larga móbil ultrarrápida. Neste sentido, cabe destacar que en Galicia a cobertura móbil superan á media española, alcanzando en 3G ao 98% do territorio (moi por enriba da media estatal, do 74%), e chegando a practicamente o 100% co resto das tecnoloxías.
Telefónica completou o despregamento do 4G na cidade da Coruña
Compartir Este Artigo
