Samsung é un dos fabricantes que aproveitou o pulo do filme de Los Vengadores: La Era de Ultrón para promocionar os seus produtos, entre os que destacan os seus novos Samsung Galaxy S6 e S6 Edge, e agora sorprenden presentando unha edición limitada deste último terminal cunha aparencia externa baseada en Iron Man, lucindo as súas cores vermella e dourada, aí como o deseño do casco do home de ferro da Marvel na súa carcasa traseira.
Este Samsung Galaxy S6 Edge de Iron Man ten 64 GB de almacenamento interno e inclúe na súa caixa un cargador sen fíos inspirado no reactor de arco que leva Iron Man no seu peito. A caixa tamén presenta unha estética moi coidada, propia deste tipo de edicións tan exclusivas, que nesta ocasión só sabemos do seu lanzamento asiático, que será o 27 de maio en Corea do Sur e en China e Hong Kong en xuño, descoñecéndose se poderemos gozar en Europa desta rechamante versión dun dos smartphones insignia de Samsung.
Vídeo co unboxing do novo smartphone de Samsung

