
As novas frecuencias irán ocupándose de xeito progresivo pola nosa xeografía para poder realizar as probas pertinentes para detectar posibles interferencias na recepción da TDT, de aí que as compañías de telecomunicacións chegasen a un acordo para lanzar unha campaña informativa a través de Elecnor, a través da súa entidade xestora llega800, que bota a andar hoxe mesmo. Entre os servizos que incluirán están a posibilidade de adaptar as antenas de edificios de xeito preventivo para evitar potenciais afectacións totalmente de balde, de aí que teñan que ir informando segundo se vaia producindo o espallamento do uso do 4G; así como a atención dos usuarios tras o acendido das estacións emisoras.
Unha vez que se normalice o uso da banda dos 800 MHz para o 4G é de agardar que este tipo de telefonía móbil chegue á meirande parte dos operadores móbiles, incluíndo os virtuais, que ata o momento estaban bastante marxinados destas frecuencias xa que ata o momento o 4G estaba limitado a frecuencias alternativas cun largo de banda moi limitado e con serios problemas para penetrar en edificios, de aí que os principais operadores evitasen compartir as súas frecuencias cos seus revendedores.
O 4G na banda dos 800 MHz comezará a explotarse o 20 de xullo
Compartir Este Artigo
