Mentres Xbox Music para Windows 10 muda de nome por Groove, as aplicacións oficiais do servizo para iOS e para Android actualízanse sen mudar de nome, para incorporar unha funcionalidade que leva un tempo dispoñible para Windows: a posibilidade de reproducir música almacenada en OneDrive mediante streaming.
Isto quere dicir que podemos subir ao cartafol de Música de OneDrive a música que queiramos (que non tivo que ser adquirida a través da plataforma musical de Microsoft) de xeito que podemos reproducila cando queiramos, e incluso podendo marcar cancións ou álbums en concreto para escoitalos sen conexión, o que pode lembrar a outros servizos como Google Play Music ou iTunes Match, pero carecendo de custo adicional para o usuario (aínda que os que o agradecerán especialmente son os que teñan unha grande cantidade de espazo dispoñible en OneDrive, coma os subscritores de Office 365).
As novas versións das aplicacións de Xbox Music non só permiten escoitar a música que teñamos en OneDrive, senón que tamén permítennos filtrar a que teñamos dispoñible para a súa reprodución fóra de liña, facilitando o seu uso en mobilidade.
As aplicacións de Xbox Music para iOS e Android xa permiten reproducir música almacenada en OneDrive
Compartir Este Artigo

