Telefónica reforzou a capacidade da súa rede móbil na bisbarra da Mariña para dar resposta ao incremento de tráfico de voz e datos que se produce todos os veráns coa afluencia masiva de visitantes, medida que forma parte do Plan Especial de Capacidade de Verán posto en marcha pola compañía a finais de xuño nos principais destinos turísticos de Galicia, e que supuxo un investimento de preto dun millón de euros.
Na provincia de Lugo ampliouse a capacidade das estacións base que dan cobertura aos concellos de Viveiro, Burela, Foz, Reinante e Ribadeo. O plan considera tamén actuacións nas bisbarras de Bergantiños, Betanzos, Ferrol e A Coruña, e nas do Val Miñor, O Morrazo, O Salnés e Vigo, así como noutros puntos de especial interese turístico do interior de Ourense e A Coruña.
Paralelamente, Telefónica continúa desenvolvendo accións de mellora e modernización da rede móbil en Galicia como parte do seu plan de implantación de tecnoloxías ultrarrápidas, e que nos últimos anos a levou a realizar un importante esforzo investidor en comunicacións móbiles. Este ano investirá máis de 16 millóns de euros para levar 4G ao 87% dos galegos, tendo xa operativas nas grandes cidades de Galicia máis de 150 estacións base con banda ancha móbil ultrarrápida.
Telefónica mellora a capacidade móbil dos destinos turísticos lugueses
Compartir Este Artigo

